18 592 774 livres à l’intérieur 174 langues
2 952 432 livres numériques à l’intérieur 111 langues
Cela ne vous convient pas ? Aucun souci à se faire ! Vous pouvez retourner les articles jusqu'à 30 jours
Impossible de faire fausse route avec un bon d’achat. Le destinataire du cadeau peut choisir ce qu'il veut parmi notre sélection.
Jusqu'à 30 jours pour les retours
Este manual ?edición revisada, actualizada e ampliada da primeira de 1999 (Topoloxía xeral. Introducciónaos espacios topoloxicos, metricos e euclidianos) ? abrangue os coñecementos fundamentais da topoloxíaconxuntista elemental, cubrindo as necesidades da análise matemática, da xeometría e da topoloxía alxébrica. A selección de temas tratados e a súa extensión responden á vontade de achegar resultados significativos, respostas interesantes ás cuestións suscitadas, mesmo se rebordan o nivel elemental do manual, o que converte este libro, ademais, nunha obra de referencia e consulta. Así, estúdase un resultado profundo de extensión de aplicacións, inclúese un teorema moi xeral de metrizabilidade, constrúese un mergullo dunha variedade compacta nun espazo euclidiano? Nesta nova edición amplíase o programa, para abordar homotopía, grupo fundamental e teorema de clasificación das superficies compactas. Na concepción do manual foi determinante a atención preferente aos obxectos de principal interese matemático, sexan espazos euclidianos, aos que se dá un tratamento independente, sexan superficies, presentadas como espazos cociente de rexións planas, sexan o espazo de Banach de funcións reais limitadas ou o espazo de Hilbert de sucesións de cadrado sumábel, como exemplos salientábeis de espazos métricos diferentes dos euclidianos. O texto compleméntase cunha ampla colección de exemplos e exercicios.
Bonjour ! Je suis Libroamiko, votre conseiller littéraire.
Comment puis-je vous aider ?