Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
Irene Rial tiña moitas ilusións que cumprir, mais ós dezaseis anos casou e estas esvaecéronse, coma faíscas no vento que ves voar alexándose e non podes alcanzar. Foi un matrimonio concertado, un no que non tivo ningún poder de decisión. Supoñíase que faría que a súa vida mellorara, tamén a da súa familia. Agardábase moito dela, cousas que endexamais logrou cumprir, cousas que fuxían da súa man e das que pretendían facela culpable. Durante anos sentiuse baldeira, tratando de seguir as normas sociais establecidas, mentres, pouco a pouco, a paixón que dentro lle queimaba sublevábase, mostrándolle o mundo doutro xeito.
Esta é unha novela de alma costumista, coa que viaxar a inicios do século XIX, a un pobo galego. Unha novela que versa sobre a historia dunha desas mulleres anónimas, desas que debían soñar en silencio e finxir un doce sorriso ante a xente, cuxa vida era decidida por outros. Unha novela coa que viaxar atrás no tempo, un tempo no que a relixión e as conviccións sociais tiñan moito peso sobre a vida da xente e, por ende, a reputación érao todo.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?