Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
O volume 64 do Proxecto Galicia é o quinto e último da serie de Economía. Medio centenar de autores colaboraron na elaboración da serie, entre os que se atopan expertos na materia, profesores de universidade e catedráticos, co obxectivo de recoller unha visión de Galicia que reflicta os trazos do seu funcionamento e comportamento e tamén a vontade de colaborar para resolver as múltiples, variadas e complexas solucións aos problemas actuais e algúns que se presaxian. Da man de Fernando González Laxe, José Luis Gómez e Julián Rodríguez Moscoso, "Poder empresarial en Galicia" constitúe unha radiografía dos principais grupos empresariais de capital galego e con presencia en Galicia. Estructúrase en oito grandes capítulos que repasan a historia, as estrategias e o futuro dos grandes motores de crecimento dunha economía emergente. Galicia configúrase xa como un polo imprescindible para coñecer a realidade empresarial española. Compañías que son multinacionais, líderes nos seus respectivos sectores, e que afrontaron ambiciosos procesos de internacionalización, conforman o grueso dun tecido productivo que se empeña en converter en historia un tópico, o do illamento, vinculado durante décadas á economía galega. Os capítulos son: 1. Análise da competitividade empresarial de Galicia 2. De Holdings familiares a multinacionais 3. Chegan a innovación e os grupos emerxentes 4. Un sistema financeiro histórico 5. A agroalimentación pecha o ciclo 6. A hora da Enerxía 7. Motores de crecemento 8- A asimilación de capital foráneo
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?