Niet blij met je aankoop? Geeft niet! Je kunt artikelen tot 30 dagen retourneren
Met een cadeaubon zit je altijd goed. De ontvanger kan de cadeaubon voor alles uit ons assortiment inwisselen.
Tot 30 dagen retourrecht
A miña lingua materna é a miseria, a diáspora, o silencio, a intemperie. As miñas linguas maternas son todas estas a pesar meu ou para alegría miña, todas estas que escribo mal, con faltas de ortografía, con pouco vocabulario, todas mesturadas e todas erradas. Mais hoxe, eiquí, deixo de escoller. E deixo de mentir: unha lingua non é só unha colección de sons, é tamén un desexo, unha interlocución. O Tríptico do silencio son tres libros semellantes mais distintos, nas miñas tres linguas maternas, para tres comunidades lingüísticas, se é que iso existe. Cada un dos tres está escrito, á súa vez, mesturando os tres idiomas: porque iso somos nós, o non ter un idioma común, o ir facendo como podemos. E porque é necesario un esforzo para entender unha historia que foi negada, afinar o ouvido, deixarse incomodar e entregarse un pouco, tamén, a gramáticas imposibles.
Hoi! Ik ben Libroamiko, je boekadviseur.
Hoe kan ik je helpen?